|
CALIDADE SUPERIOR
Traduza-g é un novo sistema de traducción
automática do español ao galego, aplicándolle a este
último a normativa oficial.
A análise realízase por frases polo que a
calidade acadada é realmente alta, simplemente observemos
as porcentaxes acadadas:.
1.
Intelixibilidade. Achégase ao 100%, non existe practicamente
frase ningunha que non se entenda despois do proceso de traducción.
Isto implica que en pos-edición hai que acudir pouquísimas veces
ás frases orixinais.
2.
Fiabilidade. 96%. Pasado un corrector despois da traducción
non dá atopado tan só 1 palabra de cada 100 (como media). Ademais
a reconstrucción de frases completas é baixísima.
3. Diccionario. 20.000
palabras raíces, non se contan plurais, xénero e conxugacións
verbais
Teñamos sempre en conta que un sistema
de traducción automática non suple por completo o
traballo profesional dun traductor humano, mais si que facilita
enormemente o seu traballo e aforra arredor dun 70% do tempo, xa
que todo o proceso de mecanografía é practicamente
eliminado.
Para máis información sobre as características
técnicas e lingüísticas acuda á sección
de "información técnica"
ALTA VELOCIDADE DE PROCESO
As velocidades dependerán do equipo no que
se atope instalado Traduza-g, para facer unha estimación
imos proporcionar as velocidades acadadas sobre un Pentium III
a 800Mz con 128Mb de memoria, e estas son:
|
Traducción
de Arquivo de Texto
|
Traducción
de Arquivos Html, Asp, etc..
|
Traducción
de Arquivo formato Word
|
|
966 palabras/seg.
|
644 palabras/seg.
|
600 palabras/seg.
|
Para facermos unha idea, sobre estas velocidades,
a traducción dunha edición completa de "El Quijote"
levaría arredor de 13 minutos.
Para máis información sobre as características
técnicas e lingüísticas acuda á sección
de "información técnica"
PORTABILIDADE E COMPATIBILIDADE
O noso sistema de traducción automática
execútase sobre sistemas operativos Windows 98/NT/2000/ME o que
garante unha total portabilidade e compatibilidade en calquera posto
de traballo ou servidor empresarial, xa que este sistema operativo
é o empregado en máis do 90% das instalacións informáticas
existentes.
Outra ventaxa é que recoñece e traballa
co formato de texto do Word 97/2000, algo que non fan outros traductores
existentes.
Temos diferentes posibilidades de traballo tanto
para grandes empresas con volumes masivos de información
a tratar, como para pequenos despachos de profesionais e empresas
de traducción, así como para empresas e usuarios particulares
finais.
Para máis información sobre as características
técnicas e lingüísticas acuda á sección
de "información técnica",
ou na sección de "empresas" ou "profesionais".
PRODUCTO 100% GALEGO
Este é un producto de Dimensiona
Consultoría Tecnolóxica S.L. empresa con capital
100% galego. Ademais este producto é froito da iniciativa
privada nun 100%.
PROBE O NOSO TRADUCTOR EN LIÑA.
Temos unha sección para que vostede comprobe
a calidade e fiabilidade de Traduza-g, invitámolo a visitala na
sección de 'Probar Traduza-g"
|