|
Obter o máximo rendemento
no menor prazo de tempo posible co menor custo asociado e cunha
calidade óptima sería o obxectivo a acadar para calquera producto
ou aplicación. O sistema de traducción automática español-galego
TraduZa fai posible en grande medida que este obxectivo se poida
cumprir, xa que permite que o lingüista ou lingüistas se liberen
do traballo máis repetitivo e non técnico, o que redundará nunha
maior cantidade de documentación traducida para a empresa nun tempo
moi inferior ao empregado ata agora, producíndose polo tanto unha
reducción de custes considerable e unha mellora na calidade final
das traduccións.
INFORMACIÓN XERAL/CONDICIÓNS
Dimensiona Consultoría Tecnolóxica
é consciente dos cambios que supón a implantación dunha nova ferramenta
de traballo polo que facilitará o máximo a implementación da aplicación
a súa empresa:
De acordo as súas necesidades
pode optar por:
- Traballo en rede.TraduZa estaría instalado nun PC da
súa propia empresa de tal forma que habería un directorio onde
depositar os documentos a traducir e outro directorio onde se
depositarían os documentos xa traducidos, a xestión dos mesmos
así como como a súa distribución seria levada a cabo por un responsable
da súa empresa.
- Traballo baixo Intranet/Extranet,
neste caso non sería necesario instalar a aplicación na súa empresa
posto que a xestión da mesma se realiza vía internet. Para máis
información ver información técnica.
- Envios de traballos por Internet: Para aquelas empresas
nas que o volume de tradución é limitado ou que
se concentra nun periodo do ano e non precisan instalacións
nas suas dependencias, en breve estará a dispor un sistema
de tradución por envio de traballos vía Internet,
con pasarela de pago electrónico.
As tarifas e prezos
serán adecuados o volume de documentación traducida. Ver Tarifas
e prezos.
Estamos abertos a suxestións
que poidan facilitar a adecuación da ferramenta as súas propias
necesidades.
PROBE O NOSO TRADUCTOR EN LIÑA.
Temos unha sección para que vostede comprobe
a calidade e fiabilidade de Traduza-g, invitamolo a visitala na
sección de 'Probar
Traduza-g"
CONTACTE CON NÓS
Se desexa máis información non dubide en poñerse en contacto con
nós enviando un correo a traduza@dimensiona.com
|