|
Os principais beneficiados
polos avances en novas tecnoloxías aplicadas á traducción
son os profesionais, xa que a aparición de novas ferramentas
supón unha serie de vantaxes importantes; entre elas destacamos
as seguintes:
- O profesional dedícase plenamente ao
seu traballo que é a traducción, e libérase
do traballo "sucio" de mecanografar. Do mesmo xeito que os programas
contábeis liberaron aos profesionais da contabilidade do
traballo de facer as contas e así poden dedicarse a un
traballo mais efectivo, os traductores automáticos liberan
aos profesionais traductores de teclear o texto traducido.
- Aumento da calidade final dos traballos, ao
dedicarse caseque ao 100% ao traballo de revisión e adaptación
do texto.
- Aumento da capacidade de traballo, ao poder
realizar un maior volume de traduccións no menor tempo
posíbel.
- Incrementa por tanto a productividade final,
ao mellorar a calidade e os tempos.
CONDICIÓNS ESPECIAIS PARA PROFESIONAIS
Dimensiona S.L. é
consciente de que unha ferramenta como Traduza-g debe estar orientada
principalmente aos profesionais da traducción, por eso implementamos
unha serie de vantaxes económicas e de implantación
do sistema no posto de traballo do profesional.
- Mellor prezo para profesionais, empresas de
traducción e gabinetes de normalización. 1 peseta
por palabra (oferta de lanzamento).
- Pódese optar por traballo vía
Internet/Intranet, dispoñendo dos traballos en cuestión
de minutos, sen necesidade de instalar a aplicación nas
dependencias propias e polo tanto sen gastos en instalacións
informáticas ou ben optar por instalar a aplicación
nas súas dependencias. Consultar tarifas
e información técnica
- Proporcionámoslle follas de estilo e
pequenos trucos para aproveitar ao 100% a eficiencia e eficacia
de Traduza-g.
- Cooperamos con vostede e aplicamos as suxestións
que nos indique en cuestión de horas para personalizar
ao máximo o traductor.
CONTACTE CONNOSCO
Se desexa máis información non dubide
en poñerse en contacto connosco enviándonos un correo
a traduza@dimensiona.com
|