Inicio | Información técnica | Tarifas e prezos | Área de profesionais | Empresas | Contactar | Probar o traductor |

Tarifas e prezos

  • Oferta de lanzamento.
  • Modalidades diferentes para adaptarse ás súas necesidades.
  • Prezos especiais para traductores profesionais.
  • Contratación de bonos temporais para adaptarse a sistemas orzamentarios, administracións, etc..

 

 

a) Tarifa estándar:

A tarifa normal de traballo é de 1'5 peseta por palabra, contando o texto de partida como referencia. Este prezo é de oferta de lanzamento e será temporal. Esta tarifa aplicaráselle a clientes cun volume de traballo inferior ás 150.000 palabras mensuais. Existen condicións diferentes para volumes superiores e para traductores e empresas de traducción profesionais. 
 
b) Tarifa para traductores, empresas de traducción profesionais e gabinetes de normalización:
A de traballo é de 1 peseta por palabra, contando o texto de orixe como referencia. Este prezo é de oferta de lanzamento para traductores e empresas de traducción profesionais cun volume de traballo inferior ás 150.000 palabras mensuais. Para volumes superiores consulte as seguintes seccións.
 
c) Para empresas/entidades/usuarios cun volume de traducción superior ás 150.000 palabras mensuais.
En tal caso as condicións expostas anteriormente non serán aplicábeis, e terá que determinarse cada caso en concreto para adecuar as tarifas, logo dunha  analise da situación e do volume concreto. Consúltenos escribíndonos a traduza@dimensiona.com.
 
d) Gastos asociados a instalación do sistema de traducción.
No caso de que opte por un sistema de traducción que implique a instalación da nosa aplicación nas súas dependencias, existen uns gastos de instalación. No caso de operar vía Internet, estes gastos asociados non será aplicábeis. O gasto de instalación dependerá do tipo que desexe. Por favor, consulte a páxina de información técnica para saber os tipos de instalación dispoñíbeis.

Para realizar unha instalación, débese realizar un consumo mínimo de 50.000 pts por mes.

d) Para Administracións públicas:
Son aplicábeis as condicións expostas nos epígrafes anteriores, pero, debido ás peculiaridades de xestión de gasto público, o sistema de cobro establécese con base en bonos contratados, que cumprirán as seguintes características:
  • Bono mínimo contratábel: de 120.000 pts, valido para un máximo de 12 meses.
  • Os bonos poderán ser renovados no momento en que o cliente desexe, e polo valor que desexe, tendo en conta sempre que o consumo mínimo mensual establécese en 10.000 pts.
  • No caso de pedir unha instalación  establécese un consumo minimo de 50.000 pts por mes
IMPORTANTE:
Todas as tarifas e condicións aquí expostas son validas mentres se realize o lanzamento do producto. Dimensiona Consultoría Tecnolóxica S.L. resérvase o dereito de varialas cando o considere oportuno.