Ferramentas dixitais para o sector primario: Refuxio

09/12/2020

Herramientas digitales para el sector primario: Refugio

Non fai moito falabámosvos do desenvolvemento de  Agroint, un proxecto que tivo como resultado a dixitalización da monitoraxe de explotacións agrícolas. Nesta ocasión querémosvos contar os detalles doutra das ferramentas dixitais relacionadas co sector primario que desenvolvemos: Refuxio. Volvemos situarnos en Sudamérica, nas grandes extensións de cultivos propias de países como Arxentina.

Imos ver como xorde este proxecto, que funcionalidades ten a ferramenta resultante, que vantaxes proporciona aos usuarios e que fases e desafíos supuxo o seu desenvolvemento.

Refugio: unha ferramenta móbil

Refugio é unha ferramenta, unha  app móbil que serve para a realización de auditorías en cultivos. Para comprender o seu funcionamento, Ramón Rama -o noso xefe de proxecto-, conta que “hai unha situación previa na que unha parte dos cultivos déixase como Intacta e outra como Refuxio -nesta ligazón explican as características de cada unha delas-. A aplicación permite  auditar de maneira áxil e sinxela estas zonas e contrastar os datos que ofrece cada unha”. 

 

O obxectivo é comparar a calidade dos cultivos resultantes en cada caso. Que papel xoga aquí a aplicación? 

Os auditores entran cun usuario e contrasinal e poden descargar a axenda de actividades a realizar nos cultivos, podendo traballar sen conexión e coa garantía de  sincronización dos datos unha vez o dispositivo poida conectarse á rede. Os auditores son coordinados a través da  app por un administrador central, figura que conta cuns privilexios de administración específicos. 

De igual forma que no caso de  Agroint, a necesidade de contar con ferramentas dixitais que permitan traballar sen internet é fundamental, dado que os auditores pasan varios días realizando o seu traballo en extensións quilométricas onde a conexión a internet é máis que deficiente. 

Este factor é de especial importancia para a función de  mapeado interactivo. “Cando o auditor recibe as súas lista de parcelas de cultivo a  app permítelle descargar os mapas cando está conectado para, unha vez chegou ao lugar a  auditar, poida traballar  off  line”, sinala Ramón.

Como xorde o proxecto Refugio?

O proxecto xorde ligado ao desenvolvemento de Agroint, onde unha das empresas implicadas manifesta a necesidade de optimizar as auditorías nos cultivos.

APP REFUGIO

Como funciona Refugio?

A app de Refuxio incorpora unha serie de funcións moi específicas baixo unha interface moi intuitiva, o que a fai destacar entre as ferramentas dixitais para o sector primario:

  • Xestión das auditorías das zonas de Intacta e Refuxio e contraste das mesmas.
  • Xestión dos lotes e cultivos para rexistrar datos e cotexalos.
  • A app ofrece a posibilidade de rexistrar os datos offline e sincronizalos co servidor para subilos cando exista dispoñibilidade de rede.
  • Realización de tomas de datos para o control dos cultivos Intacta e Refuxio. Facilita o rexistro e a comparativa das áreas de control dos cultivos.
  • Posibilidade tanto en liña como offline de realizar mapeados interactivos das áreas a controlar dunha forma fácil e intuitiva.

Ademais, cada vez que un auditor pecha unha auditoría o administrador central recibe unha notificación vía correo electrónico e pode acceder á mesma desde o seu xestor na aplicación

Desenvolvemento de ferramentas dixitais. Dificultades de Refugio

Refuxio tivo dúas dificultades principais. Por unha banda, os tempos. O encargo chega con apenas meses de antelación ao período no que se realizan as auditorías nos cultivos. De non chegar a tempo, habería que esperar á seguinte tempada. 

Doutra banda, o desenvolvemento das funcionalidades para a xestión dos mapas en local, sen conexión, para permitir o traballo de campo con condicións de conexión precarias ou practicamente inexistentes. 

O coñecemento adquirido en Agroint proporcionounos grandes vantaxes para o desenvolvemento de Refuxio. Combinado cunha boa planificación puidemos desenvolver a ferramenta en dous meses. Conformamos un equipo liderado por Ramón e no que traballaron un analista funcional, un desenvolvedor web e un desenvolvedor móbil. 

Os axustados prazos obrigaron a traballar en paralelo. Por unha banda, desenvolvemento web xerou a plataforma coas ferramentas e funcionalidades utilizando Laravel (framework de código aberto para o desenvolvemento de servizos web) e polo outro, desenvolvemento da app con Xamarin. 

Como xa comentamos, Xamarin permite a creación de app híbridas capaces de funcionar sen problemas tanto en iOS como en Android. Nos últimos 10 días de proxecto tivo lugar a integración dos servizos web coa app. 

E agora? Ramón ve moitas opcións para unha ferramenta similar a Refuxio en Galicia ou outras zonas de España. “Explotacións vitivinícolas, plátanos… a ferramenta é moi versátil e pode ofrecer moitas opcións para os profesionais do sector primario”.

¿Nos seguimos?  

Digital tools for the primary sector: Refuxio