Aproximándose Nadal… queremos compartirlles algo diferente! A lenda do Apalpador

21/12/2022

La leyenda del apalpador

Aínda que é habitual que nestas notas compartamos temas de actualidade tecnolóxica, esta vez queremos contarlles algo distinto. Trátase da lenda do Apalpador. Esta lenda conta que en noiteboa e noitevella, das frías montañas de Galicia, baixa un carboeiro, maior, pelirrojo, con gran barriga, pipa e boina, a visitar aos nenos e nenas. Este personaxe baixa a “palpar” a barriga aos nenos para chequear se comeron ben durante o ano, déixalles unhas castañas e quizá algún agasallo, con desexos de felicidade e comida para o novo ano.

As palabras do apalpador eran as seguintes: “Por seres obediente e estares ben alimentado, con estas castañas e este agasallo desexote fartura e bon ano”. Deste xeito, a lenda do Apalpador brindou unas cantos ensinos aos nenos, como a importancia da alimentación saudable, portarse ben e compartir.

Este personaxe naceu hai moitísimos anos nas montañas de O Courel en Pedrafita do Cebreiro, nunha época de moita pobreza na zona rural de Galicia, onde unhas castañas eran un agasallo moito máis prezado que na actualidade. O Apalpador tamén é coñecido como o Papá Noel galego, porque ademais de asegurarse que os nenos comesen, tamén lles daba agasallos se se portaron ben no transcurso do ano. Aínda que esta lenda estivo esquecida durante un tempo, na actualidade cobrou moita vida en época de festas do Nadal.

Desexamos que nestas festas do Nadal o espírito desta lenda estea presente en todos os fogares!

¿Nos seguimos?  

Aproximándose Nadal… queremos compartirlles algo diferente!