Drupal vs WordPress: que CMS se adapta mellor a ti?

23/03/2021

comparativa-Drupal-vs-WordPress

Cal é a mellor plataforma para crear unha páxina web? A decisión de montar unha web trae consigo moitas preguntas, mesmo antes de empezar a construíla. E é que un dos factores para valorar é que tipo de xestor de contidos ou CMS imos querer utilizar para creala. Desde Dimensiona queremos poñérvolo fácil, polo que preparamos unha comparativa clara entre Drupal e WordPress para facervos un pouco máis fácil a decisión final. 

Imos alá!

Tanto WordPress como Drupal son CMS moi versátiles para a creación de páxinas web, pero sen dúbida hai certas diferenzas evidentes entre cada un deles.

Nesta comparativa de Drupal vs WordPress, veremos os pros e os contras que cada unha destas plataformas nos ofrece. Así conseguirás ter unha idea máis clara de que CMS é máis conveniente para o teu proxecto.

Adiante!

Que din os números?

As métricas, coma sempre, importan. Polo que é interesante comparar o número de usuarios cos que conta cada un destes CMS.

Usuarios de WordPress

WordPress é coñecido por ser o sistema de xestión de contidos máis popular do mundo, xa que se atopa presente no 40% de todos os sitios webs.

A primeira ollada, parece que contar cun maior número de usuarios pon a WordPress nunha mellor posición fronte a Drupal. Pero, como veremos ao longo deste post, contar cunha comunidade tan grande tamén ten certas desvantaxes.

Usuarios de Drupal

Drupal é o segundo CMS máis utilizado no mundo despois de WordPress, sendo esta a plataforma que se utiliza principalmente no mundo corporativo.

Ademais, é o que conta con máis anos de experiencia no mercado, xa que foi creado no ano 2001.

Cal é máis fácil de utilizar?

Cando optamos por utilizar un CMS nun sitio web buscamos, sobre todo, facilitar a administración e a xestión do mesmo. E é que a ninguén lle gusta complicarse, verdade?

Así que imos comparar a facilidade de instalación e personalización que existe entre Drupal e WordPress

Imos alá!

Instalación

Neste aspecto non atopamos unha diferenza moi grande entre ningún dos dous CMS, e é que a instalación tanto de Drupal como de WordPress resulta moi sinxela en ambos os casos.

É por iso que, unha vez contes co teu dominio, vas poder instalar calquera destes xestores de contido con facilidade para así poder empezar a traballar con eles ao momento.

Personalización

En aspectos como a personalización si que se observa unha separación máis clara entre ambos os CMS. É verdade que os dous ofrecen a opción de personalización dentro da súa plataforma, pero hai diferenzas evidentes entre un e outro.

Por unha banda, Drupal ofrece unha personalización sinxela. Pero, no caso de querer implantar cambios máis profundos é necesario saber programar con PHP, HTML e outras linguaxes de programación.  

Doutra banda, WordPress ofrece unha personalización máis sinxela, sen a necesidade de saber programar. Ademais, permite tamén a instalación de construtores de páxinas como Elementor ou Divi, que che poden axudar neste paso.  

Por tanto, se careces de coñecementos de programación WordPress vai ser a ferramenta máis cómoda. Pero, se contas con coñecementos de programación, ou cun desenvolvedor que che axude neste punto, Drupal segue sendo unha opción moi factible.

Cal é máis seguro?

A seguridade é un aspecto cada vez máis esencial á hora de crear unha web, que xa non só nos importa como clientes senón tamén como usuarios. Polo que un dos teus obxectivos debería ser sempre tratar de lograr ofrecer o maior nivel de seguridade posible aos teus usuarios para que se sintan cómodos mentres navegan pola túa web.

Seguridade en WordPress

Como adiantabamos ao principio do post, WordPress é o CMS co maior número de usuarios, pero isto non é sempre un aspecto positivo.

Aínda que é verdade que WordPress é un CMS bastante seguro, tamén é o máis hackeado de todos eles.

De todos os xeitos, isto non ten porque ser un problema se se seguen unha serie de boas prácticas, por exemplo manter os plugins actualizados.

Seguridade en Drupal

Drupal é coñecido como un CMS que toma moi en serio a seguridade dos seus usuarios, sendo este un dos factores máis destacados deste xestor de contidos xa que conta cuns estándares de seguridade moi altos.

Ademais, o feito de contar cun menor número de usuarios na súa plataforma tamén o fai menos susceptible aos ataques de hackers.

Canto custan Drupal vs WordPress?

Todos sabemos que o prezo é un factor importante á hora de tomar unha decisión dentro dunha empresa.

Neste caso, ambos son software libres, polo que se poden descargar completamente sen custo desde as súas respectivas páxinas oficiais.

Pero non te esquezas! Que o software sexa libre non quita que vaias ter que pagar por aloxar o dominio web do teu proxecto.

De todos os xeitos, con WordPress poida que te vexas obrigado a pagar plugins ou temas de versión premium para a completa personalización da túa web.

Mentres que con Drupal poida que teñas que pagar a un desenvolvedor se as túas non contas cos coñecementos necesarios de programación.

Cal ofrece mellor soporte?

O soporte técnico é un factor que moitas veces pasamos por alto pero que tamén debería influír na nosa toma de decisións á hora de decantarnos por un CMS ou outro.  

Soporte en WordPress

A crecente comunidade coa que conta WordPress fai que poidas atopar un gran número de desenvolvedores e deseñadores dispostos a axudar con calquera problema que poidas ter.

Ademais, tamén podes atopar un gran número de titoriais ou cursos de balde en liña onde se explica claramente como traballar coa plataforma.

De todos os xeitos, WordPress non conta cun sistema de soporte central, senón que unicamente podes expor as túas preguntas nun foro.

Soporte en Drupal

A pesar do menor número de usuarios, Drupal tamén conta cunha comunidade moi activa de expertos na internet. Polo que hai dispoñibles un gran número de titoriais e cursos gratuítos en liña.

Na súa páxina oficial podes preguntar a expertos sobre as dúbidas que poidas ter, así como salas de chat e outros centros de axuda.

Recapitulemos: Drupal vs WordPress

Chegados a este punto vimos algunhas das diferenzas principais entre unha e outra plataforma. É agora cando tes que valorar as vantaxes e desvantaxes que ofrecen cada uns dos CMS así como cales son os aspectos que son máis importantes para ti.

Primas a personalización da web? Ou prefires unha web o máis segura posible? É importante o diñeiro que vas ter que gastar? Ou prefires contar cun bo soporte técnico?

Agora é o teu momento para reflexionar e decidir entre unha ou outra.

Desde Dimensiona convidámoste a visitar algúns dos nosos proxectos máis destacados e, se segues con dúbidas, non dubides en poñerte en contacto connosco.

Moita sorte!

¿Nos seguimos?  

Conclusiones

Drupal vs WordPress: que CMS se adapta mellor a ti?