Dimensiona arrinca unha nova etapa

02/11/2020

20 aniversario mockup min 1

E fainos ilusión contalo. Como xa sabedes, levamos 20 anos traballando no sector das novas tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo proxectos innovadores e axudando a empresas e organizacións nos seus procesos de transformación dixital.

Desenvolvemos a nosa actividade nun sector que experimenta cambios a un ritmo vertixinoso. É por isto polo que nos esforzamos na aprendizaxe e a adaptación das capacidades de cada membro do noso equipo. É un reto diario que asumimos con ganas. 

Froito desta aprendizaxe xorde a consciencia de comunicar máis e mellor o que facemos. Queremos achegar os servizos TIC aos nosos clientes e á sociedade en xeral. Achegar a nosa perspectiva como expertos. A partir de aquí, marcamos novas metas ás que chegar.

 

Novos obxectivos

Ningún proxecto avanza sen unhas metas establecidas, un destino ao que chegar e un prazo para facelo. Démoslle moitas voltas e ao final, concluímos que estes camiños deben levarnos a tres puntos moi concretos.

Máis visibilidade entre as empresas TIC de Galicia

Queremos ser máis protagonistas. A envergadura e calidade dos proxectos TIC que desenvolvemos e que estamos a desenvolver obrígannos a iso. Unha simple ollada ao noso portfolio serve para darnos conta da variedade de proxectos nos que nos implicamos e aos que demos resposta con solucións versátiles, apoiadas en software libre moitas delas e adaptadas plenamente ás necesidades do cliente.

  • Agroint. É unha solución multiplataforma para simplificar a recollida de información en cultivos. É por iso que está enfocada á xestión agrícola intelixente.
  • Central 4.0. É unha aplicación móbil que automatiza a poxa de gando do principal mercado agrícola de Galicia.
  • Oficina Virtual da Consellería do Medio Rural. É un portal web que aglutina todos os servizos e trámites online asociados á Consellería do Medio Rural.
  • PlainAgro. É un proxecto de innovación enfocado ao sector agrario. Inclúe diversas funcións ligadas á tecnoloxía en drons para a xestión de datos avanzada e a optimización de procesos.

Se queres coñecer o resto convidámoste a visitar o noso portfolio.

Axudar a entender os servizos TIC

Os servizos TIC son moitas veces un terreo árido no que as persoas non especializadas non queren meterse. Isto tradúcese en medos e inseguridades á hora de afrontar proxectos de transformación dixital. Desde sempre traballamos de maneira próxima aos nosos clientes, achegando a tecnoloxía da forma máis comprensible posible. Imos fortalecer “a nosa metodoloxía” a través de novas canles -redes sociais e blogue- e facer máis visibles os nosos servizos de consultoría TIC.

Xenerar confianza a través do noso método

Ofrecer servizos e crear produtos de calidade require dun equipo multidisciplinar con ampla experiencia e onde a colaboración co cliente sexa permanente. Deste xeito conseguimos que cada funcionalidade desenvolvida ou entrega realizada da solución tecnolóxica estea plenamente aliñada coas necesidades do cliente.

As nosas canles de comunicación

As nosas canles de comunicación son este sitio web e os perfís oficiais en dúas redes sociais -Twitter e Linkedin-. Explicámosche brevemente como e porqué eliximos estas canles.

Web: dimensiona.com

Remodelamos completamentamente a nosa páxina web coa clara vocación de ser a primeira toma de contacto do cliente con Dimensiona no ámbito dixital. É un sitio web multi-idioma adaptado aos estándares actuais en canto a deseño, usabilidade e visualización multidispositivo. Decidímonos por unha arquitectura web sinxela que permite ao usuario coñecer que facemos, como o facemos e que resultados obtemos en moi poucos clics.

Dimensiona. com é máis visible nos buscadores grazas a que se desenvolveu con criterios SEO actualizados. Agora poderás atoparnos con maior facilidade.

Redes sociais: Twitter e Linkedin

Entendemos que moitas das cousas que nos interesa contar e moitas das persoas que nos queren escoitar poden atoparse nestas dúas plataformas. Ambas teñen comunidades profesionais amplas e de diversos sectores, todas elas con gran interese en solucións TIC.

Encántanos Twitter por ser inmediata, interactiva, por permitirnos compartir e viralizar contido e por ofrecernos a posibilidade de descubrir perfís dos que aprender e cos que xerar sinerxias para fortalecer o camiño cara aos nosos obxectivos.

Linkedin fala a linguaxe dos negocios, no que os servizos TIC teñen moito que dicir. Queremos achegarnos a aquelas persoas que toman decisións en empresas e organizacións e axudalas a coñecer mellor o noso traballo.

Como o faremos? Apostando por contidos de calidade, utilizando formatos áxiles que permitan aprender e optimizar tempos, sendo proactivos e interactuando, visibilizando ao noso equipo e achegando moito, moito coñecemento experto. Estas son as ligazóns aos nosos perfís.

Seguímonos?

Dimensiona arranca unha nova etapa