En que consiste un desenvolvemento a medida?

24/11/2022

Desarrollo a medida

Seguramente nalgunha ocasión visitaches a páxina web dunha empresa dedicada ao desenvolvemento de software e atopaches expresións como “solucións a medida” ou “desenvolvementos a medida”. No día de hoxe queremos botar luz sobre esta idea un pouco difusa acerca do que é un posible desenvolvemento a medida para a túa empresa.

Basicamente, un desenvolvemento a medida, en contraposición ao software estandarizado, é totalmente personalizado e feito á medida das necesidades do cliente en cuestión. En certas circunstancias, as empresas enfrontan unha serie de particularidades que fan que un desenvolvemento estándar non se axuste plenamente ás súas propias necesidades. Nestas situacións cando non é posible utilizar unha ferramenta estándar para sistematizar as operacións da empresa ou resolver un problema específico, é sumamente recomendable recorrer a un desenvolvemento de software a medida. Tamén se aconsella o desenvolvemento a medida cando a empresa xa probou múltiples opcións, pero ningunha satisfai completamente os requirimentos, e cando se usan distintos programas que non están conectados entre si.

Para poder realizar un verdadeiro desenvolvemento a medida, a empresa cliente solicita unha serie de requirimentos indicando todas as funcionalidades que necesita. Deste xeito, pódese chegar a conseguir unha detallada descrición e comprensión do que necesita a persoa usuaria para resolver o problema que presente, a través de solucións simples e prácticas buscando satisfacer os requirimentos expostos. En definitiva, un desenvolvemento a medida permite ás empresas e organizacións en xeral, contar con solucións que brindan axilidade e automatización aos seus procesos de negocios, o que redunda nunha maior produtividade e rendibilidade.

Como o facemos?

No desenvolvemento de solucións a medida trabállase de xeito conxunto coa empresa cliente, estudando como poden achegarse melloras á empresa a través de tecnoloxías innovadoras, optimizando o uso dos recursos empresariais. Algúns exemplos de transformación dixital consisten en desenvolvementos vinculados ao proceso produtivo, a planificación das tarefas, a xestión de equipos comerciais, as aplicacións de loxística, os sistemas de xestión de recursos humanos, a creación de experiencias dixitais para os clientes, a optimización da xestión, a xeración de coñecemento ao interior da compañía a partir da recompilación de datos, e moitas outras posibilidades. En Dimensiona, entre outros creamos solucións como Actia ou Xestión de Incidencias.

Dentro dos beneficios dos desenvolvementos a medida destácanse os seguintes: non requiren pago de licenzas, trátase de solucións creadas especificamente para o negocio en cuestión acorde ás necesidades expostas, evolucionan de acordo ás necesidades da empresa implementando melloras cando sexa necesario, resultan sinxelos e intuitivos xustamente por ser deseñados especificamente en función dos propios procesos ou produtos/servizos, brindan unha maior flexibilidade e posibilidade de escalabilidade, facilitan a integración coa infraestrutura IT da empresa, teñen unha maior probabilidade de éxito dado que a propia empresa e o seu persoal atópanse involucrados nas probas do software, non é a empresa a que debe adaptarse ao funcionamento do sistema senón xustamente ao revés, implican un menor custo se se considera a relación custo/beneficio no longo prazo, achegan unha maior seguridade e un mellor soporte técnico, eficiente e fiable. Dentro das funcións de soporte técnico, atópase o soporte informático permanente para as solucións desenvolvidas a medida, considerando a amplísima variedade de aplicacións pódense utilizar co internet na empresa.

É importante considerar que, aínda que é cada vez máis amplo o abanico de aplicacións para empresas, en ocasións resulta aconsellable recorrer a un desenvolvemento que se axuste ás necesidades particulares da empresa. Sabemos que un desenvolvemento de software a medida implica impactos moi positivos na empresa cliente, ao ser deseñado e construído como un traxe con especificacións exactas a medida de quen o require.

En Dimensiona contamos cun equipo de expertos en transformación dixital, cos que poderán contactarse e asesorarse acerca das posibilidades de desenvolvementos á medida das súas necesidades empresariais.

Buscamos constantemente brindar solucións adaptables á evolución do negocio de cada unha das empresas que confían en nós para levar adiante o seu proceso de transformación dixital. A partir de coñecer as necesidades e expectativas do cliente, en Dimensiona deseñamos e desenvolvemos sistemas a medida e aplicacións confiables en liña cos obxectivos dos nosos clientes, garantindo a súa calidade e soporte permanente.

Seguímonos?

En que consiste un desenvolvemento a medida?