Experiencias de Calidade

Portal web de Experiencias de Calidade

Cliente

AMTEGA – CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

SERVIZOS

Portal web

TECNOLOXÍAS

Drupal 8, Bootstrap, mySQL

Portal web multi-idioma e multidispositivo desenvolto para a Consellería do Medio Rural co obxectivo de promocionar os produtos galegos con Denominación de Orixe, Indicación Xeográfica Protexida no ámbito agroalimentario e produción ecolóxica certificada.

/ portal web de experiencias de calidade

Aliñado en deseño e desenvolvemento coa temática do proxecto destacamos o protagonismo dado aos elementos multimedia, fotografías e vídeos. Ao mesmo tempo que se cumpre coas directrices gráficas e de seguridade establecidas pola Xunta de Galicia no desenvolvemento de portais web corporativos. Entre as súas características destacamos:

  • Carrousel de imaxes
  • Fichas informativas dos diferentes produtos con Denominación de Orixe, Indicación Xeográfica Protexida e produción ecolóxica certificada
  • Xeolocalización das empresas elaboradoras
  • Información actualizada: novas e eventos
  • Receitas filtradas por temática e por produto
  • Posibilidade de compartir o contido en redes sociais (Facebook e Twitter)
alical mobile min
Portal de Experiencias de Calidade