Predición e control de riscos microbiológicos en pratos preparados por IA

27/04/2026

Foodmicrobia

O proxecto PREDICIÓN E CONTROL DE RISCOS MICROBIOLÓGICOS EN PRATOS PREPARADOS ASISTIDO POR IA (FOODMICROBIA) é beneficiario das axudas para o programa NEXOS, que teñen como finalidade fomentar a cooperación entre as pemes e demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos colaborativos de investigación, desenvolvemento e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 Galicia 2021-2027.

O obxectivo de FOODMICROBIA é a aplicación da microbioloxía preditiva como ferramenta para garantir a seguridade e a calidade alimentaria de forma rendible e rápida, que se concretará en 5 obxectivos específicos coincidentes coas actividades do proxecto:

  1. Aplicación de ferramentas de IA en planta de procesado de alimentos para a monitorización continua e detección de signos de contaminación microbiológica.
  2. Aplicación de ferramentas de IA para o control de calidade e a optimización de temperaturas de conservación para a redución do desperdicio alimentario.
  3. Paquetización en software da ferramenta para o control por IA da seguridade alimentaria en toda a cadea de proceso.
  4. Desenvolvemento de novas fórmulas de higienización para os ambientes de risco detectados por IA.
  5. Pilotaxe industrial dos modelos IA de control e predición do risco.

A natureza das entidades integrantes da agrupación permite que a investigación responda a necesidades reais do sector, de modo que os seus resultados e beneficios revertan tanto na sociedade como no tecido produtivo. Neste contexto, o proxecto contribuirá á creación dun modelo de colaboración baseado na transferencia de coñecemento e na complementariedade tecnolóxica, no que cada socio achegará a súa especialización para dar resposta conxunta aos retos da seguridade alimentaria: COESCO DEZA, S.L.U., DIMENSIONA CONSULTORÍA TECNOLÓXICA, S.L., GRADHOC SMART, S.L. E PROQUIDEZA, S.L.

Además, la agrupación cuenta con la colaboración estratégica del Instituto Tecnológico de Alimentación (AINIA), el Clúster Agroalimentario de Galicia (CLUSAGA) e IMASDE AGROALIMENTARIA.

El proyecto FOODMICROBIA está financiado a través de la convocatoria NEXOS (2025), subvencionado por la Axencia Galega de Innovación (GAIN) de la Xunta de Galicia y cofinanciado por la Unión Europea en el marco del programa Galicia FEDER 2021–2027.

 

 

¿Nos seguimos?  

Predición e control de riscos microbiológicos en pratos preparados asistido por IA