/ DEseño E desENVOLVEMENTO web

Creamos solucións web adaptándonos ás necesidades do cliente

Diseño y desarrollo web

/ DESEÑO E DESENVOLVEMENTO WEB

O noso equipo é experto no deseño e desenvolvemento de sitios web: portais web, tendas online, ferramentas de comunicación interna, dashboard para a visualización de datos…

multidispositivo

Multidispositivo
Acceso desde calquera dispositivo.

icon_9

Mobile First
Prioriza o deseño para dispositivos móbiles.

icon_10

Velocidade de carga
Determina a relación da persoa usuaria co sitio web.

icon_11

Optimización SEO
Boas prácticas SEO.

icon_12

UI-UX
Experiencia de usuario e usabilidade sempre presentes.

Somos expertos en desenvolvemento web en diferentes linguaxes de programación. O proxecto comeza por un briefing, a continuación realizamos a conceptualización, elaboramos as propostas de deseño e unha vez aprobado realízanse o desenvolvemento e a maquetación. Finalmente realizamos o testing e con todo listo só queda publicar.

Denvolvemento de ferramentas web

Realizamos desenvolvementos web a medida con diferentes linguaxes de programación segundo os requisitos do proxecto.

Unha solución web pode consistir nunha ferramenta para a visualización de datos, un sistema de reserva de citas, un sistema de monitoreo…

O noso equipo conta con experiencia na definición, deseño e posta en marcha de solucións web enfocadas a diferentes ámbitos a partir de tecnoloxías de amplo uso e contrastadas no mercado.

Desenvolvemento web: WordPress e Drupal

Realizamos desenvolvementos baseados nos CMS de software libre WordPress e Drupal, sistemas amplamente usados en todo o mundo. O resultado son sitios web adaptables e escalables en funcionalidades. Así, a dimensión do proxecto pode axustarse con moita flexibilidade.

Ademais, tanto Drupal como WordPress permiten a xestión do sitio web (actualización de contidos, usuarios, SEO, …) a través de interfaces sinxelas e intuitivas.

Web dinámica

Ventaxes dun sitio web desenvolto con WordPress ou Drupal

1. Posibilidade de actualización baixo diferentes formatos

2. Escalabilidade do proxecto

O sitio web pode comezar cun desenvolvemento simple e ir crecendo en función das necesidades (engadir un blogue, un módulo con hemeroteca, un calendario…).

3. Interacción cos usuarios

Opcións para realizar comentarios, compartir contidos, subscricións…

4. Versatilidade

Poden crearse unha revista online, un blogue persoal, unha canle de vídeo online, un centro de captación de leads, unha contorna de formación online…

5. Mellora do posicionamento

Os buscadores posicionan mellor sitios web que se actualicen con frecuencia.

6. Autoxestionable

Non son necesarios coñecementos avanzados de programación para actualizar os contidos.

Tenda online

Desenvolvemos tendas online totalmente optimizadas e cunha ampla gama de funcionalidades.

e-commerce
  • Deseño adaptado e escalable
  • Xestión de stock
  • Categorización de produtos
  • Xestión de pedidos de clientes
  • Control de envíos
  • Creación de promocións e descontos
  • Pasarelas de pago seguras e con diferentes métodos de pago
  • Optimización SEO
  • Sincronización con ERP

A nosa solución para e- commerce é totalmente escalable e adáptase a calquera tipo de proxecto, sexa do tamaño que sexa.

Realizamos o deseño e desenvolvemento a medida con criterios UX-UI e mobile first, atendendo ás tendencias de consumo dos usuarios e cun frontend totalmente diferenciado e optimizado para posicionarse en buscadores.

Vantaxes dun e- commerce

1. Escalabilidade e aforro en custos

É unha solución escalable que permite a venda de produtos e servizos evitando os custos de mantemento dunha tenda física.

2. Aumenta o alcance e visibilidade do negocio

A presenza online garante a accesibilidade desde calquera lugar. Un e-commerce soportado por unha estratexia de márketing adecuada pode captar moitos clientes.

3. Sen horarios

O usuario pode acceder en calquera momento e realizar a compra.

4. Información e datos

As interaccións dos usuarios co e-commerce xeran información relevante para a toma de decisións estratéxica. Accións de fidelización, captación, ofertas, campañas de marketing dirixidas a públicos obxectivos…

5. A experiencia de usuario é rápida e eficaz

6. Garantías de seguridade

Tanto en protección de datos como en pasarela de pago.

Soporte e mantemento

Un proxecto web non remata coa súa publicación. Trátase dun produto dinámico que necesita soporte e mantemento para manter as súas funcionalidades a pleno rendemento e permitir a consecución dos obxectivos marcados.