/ Solucións tecnolóxicas de mobilidade

Os teléfonos móbiles teñen un grao de penetración de máis do 80% na poboación

soluciones móviles
soluciones móviles

/ Soluciones tecnolóxicas de mobilidade

Dimensiona axuda ás empresas e organizacións no desenvolvemento de solucións móbiles adaptadas ás necesidades de cada proxecto.

Aplicacións móbiles

Os teléfonos móbiles teñen un grao de penetración de máis do 80% na poboación e o seu protagonismo no desempeño de múltiples tarefas é máis que evidente. O ámbito profesional e da empresa non escapa a esta tendencia.

Para que necesita a miña empresa unha aplicación móbil?

No día a día dunha empresa lévanse a cabo diferentes procesos e actividades: contabilidade, vendas, márketing, recursos humanos… A transformación dixital está a chegar ou chegou xa a moitas destas áreas. En moitos casos esta chegada tradúcese na implementación de solucións móbiles. As dinámicas de traballo cambiaron. Hai maior mobilidade, o teletraballo ten cada vez máis importancia. As empresas e organizacións necesitan axilizar os seus procesos e poder levar a cabo calquera tarefa desde calquera lugar.

Os desenvolvementos de solucións móbiles realizados polo noso equipo abarcan diferentes funcións:

Desarrollo de apps
retail

Procesos
Venda de produtos e servizos, automatización, monitorización…

icon_8

Xestión de proxectos
Asignación de tarefas, equipos, prazos…

análisis específicos
Recursos humanos
Control horario, vacacións, nóminas…
icon_anticipacion
Productividade
Xestión de tempo, organización de tarefas…
informes
Contabilidade
Facturas, fluxos de caixa, pagos a provedores
icon_7
Comunicación interna
Taboleiro de anuncios, novas, buzón de suxestións…

Desenvolvemento de Aplicacións móbiles a medida

Somos especialistas no desenvolvemento de Apps a medida.

Traballamos de maneira conxunta co cliente, identificando as súas necesidades e proporcionado a solución móbil que permita alcanzar os seus obxectivos.

01

Metodoloxía áxil

Sempre que o proxecto o permita e se contamos co compromiso do cliente, xestionamos o proxecto baseándonos na filosofía áxil. Isto proporciona respostas rápidas, flexibilidade, menor risco e maior valor.

02

Experiencia de usuario, calidade e seguridade

Temos un claro enfoque UX-UI. Buscamos interfaces gráficas agradables, atractivas e moi intuitivas. A ferramenta, ademais de útil, debe ser fácil de usar.

Somos conscientes da importancia do testing do software, é por iso que durante todo o proceso de desenvolvemento realizamos probas para asegurar tanto a calidade como a seguridade. Deste xeito, o peche de proxecto realízase con todas as garantías antes da entrega ao cliente ou a subida ao marketplace.

03

Android e iOS

Contamos cun equipo experto en desenvolvemento de aplicacións nativas en Android e en iOS.

Tamén contamos con expertos en desenvolvemento con Xamarin, que permite crear aplicacións multiplataforma.