Dimensiona é unha empresa innovadora, creada no ano 2000, que está especializada na consultoría informática e na prestación de servizos no ámbito das tecnoloxías da información e comunicación a profesionais, empresas, asociacións e administracións públicas coa creación de ferramentas de xestión personalizadas e o deseño e desenvolvemento de proxectos web e de comunicación na rede.

  • Consultoría e asesoramento en tecnoloxías da información e da comunicación.
  • Desenvolvemento de aplicacións a medida.
  • Solucións de comunicación en internet; deseño, montaxe e mantemento de sitios web.
  • Servizos de outsourcing.
  • Desenvolvemento de software para telefonía móbil.
  • Creación de guías turísticas para GPS.

En Dimensiona empregamos software libre para o desenvolvemento de páxinas web como a que creamos para a Consellería de Medio Rural ou colectivos profesionais como o Foro de Xornalistas.

Igualmente construímos aplicacións personalizadas para o control de acceso a equipos informáticos da rede de bibliotecas públicas galegas e outros equipamentos sociais.

Desenvolvemos paquetes informáticos para xestión on line de facturación, seguimentos de stocks, xeración de informes estatísticos e tarefas control de actividades para empresas, entre as que se contan R, FBA ou AUDASA. Prestamos tamén servizos outsourcing para empresas como Cinfo.

Producimos e comercializamos asemade Traduza, unha ferramenta de tradución automática do español ao galego, e damos soporte gps a innovadoras estratexias de promoción turísticas.

Rúa Londres nº1, baixo
15707 Santiago de Compostela

981 564579
info @ dimensiona.com

Descargar PDF

Descargar
Dossier de empresa
(agosto 2011, 779 Kb)